Quantcast
Channel: Sen clasificar – O Can de San Roque
Viewing all articles
Browse latest Browse all 57

Cataluña non anda a lotarías

$
0
0

mapa comarques eleccions 21 D

Fonte

 

Barcelona. Unha das cidades máis atraentes da Terra, este planeta crecentemente de cidades. Rebelde ante os poderes superiores desde hai séculos. Seica alguén dixo, é cita de éxito, que había que a bombardear cada certo tempo. Estamos a 22 de decembro, o mundo acaba de ver que Barcelona volveu votar rebelde. Ha de ser unha das maiores instantáneas que recibe.

 

Foi unha campaña rara en Cataluña, convocada excepcionalmente. Había altisonancia, sobre todo, nas partes que nunca ou case nunca gobernaran. Os grupos que o facían en coalición desde o 2015 tiñan as súas cabeceiras ou lonxe fisicamente do país, ou na cadea. Da cadea tiveron que sacar, xogando cartas que resultaron, algúns candidatos experimentados para poñerse á fronte de notoria improvisación e moita cara novidosa. Apenas se viron estelades, apenas se escoitaron consignas de ‘independència’. Unha impresión de actitude moi contida, coma de quen se sente vixiado. Os seus opoñentes, algún en particular, máis expansivos: candidatos con experiencia, ambiente mediático proclive, situación política favorable. A española: o outro, había que o comprobar.

 

Comprobouse, e non resultará difícil sintetizar partidariamente: unha grande maioría dos que non queren república catalá concentrou estratexicamente o voto na candidata máis habilmente promovida. O President fixo campaña de President e acadou unha pole position efectiva. A inicial grande favorita para o primeiro caeu ao terceiro, vítima probablemente do descabezamento e quizais tamén pola imaxe de xogar á contra durante anos. Maragall marchou de vez, e o que representaba, iso non o compensa unha sombra felipista aínda que sume Duran. Quen non escolleu territorio fica en terra bastante de ninguén. A valentía innegable que moita cousa forzara con aspecto atrevido ou temerario, derreada polo voto útil e volátil. Reducida ata a insignificancia polos cataláns a parte xestora autoatribuída, a cara da intervención, o poder español. A xente foi votar en masa, como nunca fixeran, coma case nunca se fai. Hai un resumo concluínte: a intervención, desautorizada; a maioría anterior, revalidada en case todo o territorio e sen sombra de dúbida canto a termos totais. Quen non quixo negociar, talvez con sensación de que algún ollo que os mira desde lonxe pode empezar a esperar algo. Algo máis ca procesos xudiciais masivos.

 

Quedan polo medio detalles importantes. Primeiro, quizais onte arrancou en Cataluña un movemento político novo: quen entenda como triunfo inapelable da dereita o éxito de JxCAT, posiblemente entendeu pouco, non sabe quen ía nas listas nin analizou ben, de momento, os datos do escrutinio. Segundo, intereseime hoxe á mañá por revisar o resultado en tres concellos determinados da AMB, e comparalo co do 2015: tanto en Cornellà coma en Santa Coloma e L’Hospitalet, aumenta a participación e o independentismo sobe entre un punto e máis de dous; superou sen problema o 20% en todos eles, con ERC non excesivamente lonxe do PSC. Canto ao resto, veremos. Veremos como volve Puigdemont, que pasos dará desde o lugar preeminente que o electorado lle outorgou; que pensan facer os poderes con tanto deputado electo encarcerado ou pendente de instrución; como xestiona C’s a súa marxe de representación, e a gran forza simbólica do primeiro posto, no labor de oposición que lle é máis ca previsible. De momento, un descansa e continúa observando ese pobo e país, no ético e sociopolítico profundamente admirables.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 57

Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Trending Articles


Gwapo Quotes : Babaero Quotes


Kung Fu Panda para colorear


Girasoles para colorear


Dibujos de animales para imprimir


Renos para colorear


Dromedario para colorear


Break up Quotes Tagalog Love Quote – Broken Hearted Quotes Tagalog


Love Quotes Tagalog


RE: Mutton Pies (mely)


El Vibora (1971) by Francisco V. Coching and Federico C. Javinal





Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC